A Real Filharmonía Galega nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela en 1996. Formada por 50 músicos e un equipo administrativo de 6 persoas, ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia. Paul Daniel é, dende 2013, o director principal e artístico da formación e Maximino Zumalave o seu director asociado. En 2020 incorpórase Joana Carneiro como principal directora convidada.

Os obxectivos da RFG céntranse na difusión da música clásica por todo o territorio galego, buscando sempre os máis altos niveis de excelencia artística a través da colaboración con directores e instrumentistas do máis alto nivel e cunha aposta decidida pola estimulación do talento e a formación musical de nenos e mozos.

Na actualidade, a Real Filharmonía de Galicia consolídase como unha das iniciativas musicais galegas máis importantes e recoñecidas, comprometida coa procura de sinerxías con outras institucións culturais do ámbito autonómico, nacional e internacional e na difusión da cultura que se fai en Galicia. Galicia máis aló do noso territorio